Un ano máis, a Festa da investigación de Tomeza amosa o seu espíritu solidario

A igrexa de San Pedro de Tomeza foi o marco escollido este ano para a celebración da VI edición da festa que como todos os anos estivo adicada á figura de Isaac Díaz Pardo e á súa dona Carmen Arias (Mimina).

Asistiron a este encontro solidario o doutor  Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica, Loli Beloso, Teresiña Reimúndez, colaboradora de Díaz Pardo e Mimina,  o arqueólogo Felipe-Senén e o pintor Toni Castiñeira.

O doutor Carracedo e Loli Beloso agradeceron o apoio da xoiería pontevedresa Suárez, a o Hotel Villa de Marín e a todos aqueles que fixeron posible a entrega dos 3.500 euros recaudados durante os últimos meses como resultado de distintas accións como a venda de libros e xoias. Agradeceron tamén a asistencia das numerosas persoas que ateigaron a igrexa e que puideron disfrutar das actuacións do Orfeón Pontis Veteris, un recital poético e a presentación do novo libro de Beloso  ‘Ledi e a súa biblioteca ambulante’, con prólogo de Felipe-Senén e ilustracións de Toni Castiñeira.

Más info: Pontevedra Viva

Fotos: Jesús Chan