Tfno: 981955191
e-mail: coordinacion.cegen@usc.es
Integrado no grupo está un nodo do Centro Nacional de Genotipado (CeGen), actualmente na estrutura da Plataforma en Rede de Recursos Biomoleculares e Bioinformáticos (PRB2) financiada polo Instituto de Saúde Carlos III.
O obxectivo do centro é ofrecer xenotipado de alto rendemento de SNPs (do inglés SingleNucleotidePolymorphisms), CNVs (do inglés CopyNumberVariations) e InDels (do inglés Insertions and Deletions) e análise de metilación do ADN, a grande escala e baixo custo, tanto en humanos como en calquera outra especie animal ou vexetal.
O nodo do CEGEN ten varias plataformas de xenotipado de alto rendemento: MassArray (AgenaBioscience), GeneChip e Axiom (Affymetrix) e SureScanMicroarrayScanner (Agilent Technologies).
Desde o CeGen-ISCIII ofrécense os seguintes servizos:
1. Pre-xenotipado:
- Soporte na selección de SNPs, CNV, e/ou indels de rexións ou xenes de interese previamente establecidos polo investigador.
- Asesoramento sobre a tecnoloxía de xenotipado máis conveniente para cada proxecto.
- Servizos complementarios ao xenotipado: extracción, cuantificación, normalización, amplificación, purificación e verificación da integridade do ADN.
2. Xenotipado
Na actualidade, o CeGen-ISCIII dispón de oito plataformas tecnolóxicas para levar a cabo estudos de xenotipado a grande escala que permiten facer desde unha análise do xenoma completo ata un xenotipado a medida. Segundo o número de SNPs,CNVs e/ou InDels, o número de mostras que se desexa analizar e a flexibilidade á hora de elixir marcadores, seleccionarase unha das tecnoloxías dispoñibles.
3. Post-xenotipado
- Asesoramento científico.
- Apoio en ferramentas de análise dos resultados do xenotipado.






