Sobre o GMX

O Grupo de Medicina Xenómica é unha unidade de investigación conxunta formada principalmente por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, da Fundación Pública Galega de MedicinaXenómica, do Centro Nacional de Genotipado, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e do Centro de Investigación en Rede de Enfermidades Raras.

O grupo centra os seus esforzos en investigación nas áreas de Xenética Forensede Poboacións e en Xenética Clínica. Actualmente constitúe un grupo de referencia con numerosos artigos científicos publicados en revistas do máximo prestixio como NatureGenetics, Science e Nature. Para iso prestamos unha especial atención ás melloras que se producen nas tecnoloxías e ferramentas xenómicas de apoio e participamos no desenvolvemento de novas metodoloxías de análises que sirvan de soporte transversal á investigación.

O Grupo de MedicinaXenómica conta cunha ampla experiencia en convocatorias rexionais, nacionais e internacionais. Ao longo da última década, os seus integrantes obtiveron financiamento tanto público como privada para levar a cabo numerosos proxectos en todas as áreas nas que centrou as súas liñas de investigación, ben como socio principal ou ben a través de colaboracións con outros equipos de investigación.

Froito do noso compromiso social, é a transferencia dos resultados da nosa investigación á sociedade. Proba diso son os diversos acordos de  colaboración do grupo con empresas e fundacións así como as patentes presentadas.

No GMX apostamos pola formación como o mellor investimento para enfrontar os retos do futuro. Grazas a unha formación de calidade conséguese unha mellora das competencias do posto de traballo, indispensables para fortalecer a situación competitiva do grupo e os seus integrantes. Por este motivo, as nosas instalacións acollen habitualmente a numerosos estudantes aos cales se lles trata de cualificar para o mellor desempeño da súa futura actividade laboral. O establecemento de convenios marco con numerosos centros estranxeiros anima tamén aos mellores estudantes e investigadores a realizaren estancias no noso grupo. Desta forma continuamente establécense novas vías de colaboración con outros grupos de investigación e con empresas dun gran número de países, especialmente do Europa e Latinoamérica, o cal nos converteu nun grupo cun alto nivel de internacionalización.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue navigando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies