TEAlive aplicación android para o seguemento do TEA 

IP: Ángel Carracedo

Data de inicio / fin: 2017-2018

TEALive! é unha ferramenta dixital destinada a familias de persoas con TEA (Trastornos do Espectro do Autismo), co obxectivo de chegar a ser unha ferramenta indispensable para un seguemento personalizado ao longo do tempo daqueles doentes con síntomas de hiperactividade, impulsividade e inatención asociados.

Esta aplicación Android tamén permitirá organizar visualmente os datos recollidos en informes gráficos facilitando unha análise do curso evolutivo. Para isto o rexistro da información apoiarase en escalas clínicas sinxelas e estandarizadas de uso frecuente na práctica  asistencial, polo que consideramos que terá unha grande utilidade e aceptación entre os profesionais médicos e familias. TEALive! está deseñada para que todos eles dispoñan de medidas obxectivas que lles axuden a avaliar si a intervención terapéutica posta en práctica está a resultar  eficaz.

Naqueles casos onde se precise un tratamento adicional con fármacos, TEAlive! tamén proporcionará información detallada sobre os posibles beneficios e efectos secundarios asociados coa medicación. Ademais, a aplicación está dotada cun sistema de alertas que avisan ante un posible empeoramento clínico e/ ouda presenza de efectos adversos o suficientemente significativos como para precisar unha consulta médica.

Membros do equipo: Maria Taboada, Lorena Gómez Guerrero , Montserrat Fernández Prieto, Aitana Alonso González, Ana Latorre y Olalla MaroñasEsther Sande, Javier Rey Carbón