Xabi Bello Paderne

xabibello

Licenciado en Bioloxía no ano 2001, entra a formar parte do grupo de Medicina Xenómica no ano 2001 da man de XulioMaside, para completar un estudo das dinámicas de elementos móbiles en doce especies de Drosophila e que serviu de base para completar o DEA. En 2010 colabora con Hugo Gutiérrez de Terán Castañón para montar un servidor de modelado computacional de proteínas GPCR, traballo que finalizan en 2012  e que está dispoñible aquí.

En 2013 empeza a traballar como bioinformático de soporte na FPGMX, encargándose sobre todo de tarefas NGS.

Durante este tempo foi especializándose en Python, Django, PostgreSQL e administración de sistemas Unix,ferramentas coas que pon en práctica a maior parte do seu traballo.