Soledad Otero Piñeiro

soledadoteroLicenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo, desde o 2012 desenvolve a súa actividade no Centro Nacional de Xenotipado levando a cabo traballos como Técnico superior de apoio á investigación.

Desde o 2014 coordina os proxectos de xenotipado do CeGen e as súas actividades complementarias, prestando asesoramento técnico sobre plataformas de xenotipado e servizos complementarios, como a extracción, purificación, cuantificación, calidade e normalización de ácidos nucleicos.

Actualmente en etapa de tese no programa de Medicina Molecular da Universidade de Santiago de Compostela, previos Máster en Antropoloxía e Xenética Forense (Universidade de Granada) e Máster en Investigación Biomédica (Universidade de Santiago de Compostela).