Pilar Cacheiro

pilarcacheiras

Licenciada en Bioloxía e Máster en Técnicas Estatísticas. Actualmente atópase finalizando o doutoramento en Estatística. O seu proxecto de tese céntrase na  procura de potenciais dianas terapéuticas mediante técnicas de clasificación. Está interesada na utilización de ferramentas bioinformáticas e bioestadísticas para o manexo e análise de datos xenómicos a grande escala. Participa en diferentes proxectos de investigación do grupo, realizando estudos de asociación xenética, análise de ligamento, estimación de haplotipos, datación de mutacións e análises de datos de ultrasecuenciación.