Olalla Maroñas Amigo

Licenciada en Bioquímica pola Universidade de Oviedo no 2008 despois de rematar o primeiro ciclo de Química na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou en contacto ca investigación tras desenrolar o seuproxecto de fin de carreira en Osnabrück, (Alemania), para posteriormente realizar unha estancia no Rigshospitalet de Copenhague que se centrou no campo da xenética forense.

A finais de 2008 comenzou os seus estudos de doctorado no Instituto de Ciencias Forenses da Facultade de Medicina da Universidad de Santiago de Compostela cunha beca pre-doctoral de Formación en Investigación en Salud (Instituto de Salud de Carlos III). A súa investigación centrouse principalmente en dúas liñas, por un lado na xenética de poboacións de cara ó desenrolo de novos biomarcadores para uso forense, e por outro, no desenrolo de tests específicos de screening no ámbito da xenética clínica e a farmacoxenética. Durante este período realizou varias estancias no extranxeiro, entre elas nos Institutos de Medicina Legal de Innsbruck e Zürich.

No 2014 finalizou os seus estudos de doctorado con mención europea e dende entón os seus esforzos centráronse na traslación e implementación dos resultados do grupo na Área de Farmacoxenómica na práctica clínica.

No 2016 a proposta GenDR (Genetics and Drug Response) resultou gañadora dos premios do programa Argos da USC (AVTE/UNINOVA), a iniciativa Model2Market (Spin2016) destinado á creación de empresas cun modelo de negocio con potencial social e económico, e a “mellor idea empresarial” otorgado pola revista Emprendedores.

É membro da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica (SEFF).