María Torres Español

Doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, desde o 2003 é responsable da plataforma de xenotipado Agena Bioscience do Centro Nacional de Genotipado-PRB2 no Nodo de Santiago de Compostela. Ao longo da súa traxectoria profesional participou na implantación e validación de novas tecnoloxías de alta capacidade para a análise de variación no ADN, así como en numerosos proxectos de ámbito nacional e internacional. Varios dos traballos nos que participou foron publicados en traballos en revistas especializadas. (http://orcid.org/0000-0002-2658-0133)

É membro da Asociación Española de Genética Humana e European Society of Human Genetics e participa activamente na formación práctica en tecnoloxías de xenotipado de estudantes de grao, máster e investigadores posdoutoramento na área da Biomedicina. É tamén relator habitual nos cursos formativos que o Centro Nacional de Genotipado-PRB2 realiza anualmente.