María J. Brión Martínez

Maria Brión, PhD, é bióloga e doutora en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.  Realizou un post-doutoramento na Universidade de Sao Paulo (Brasil) e desde o ano 2008 é responsable do grupo de Xenética de enfermidades cardiovasculares e oftalmolóxicas do  Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

Traballa en xenética  humana desde hai máis de 15 anos, centrada actualmente na xenética de enfermidades cardiovasculares.

Publicou preto de 100 artigos científicos, 66 deles incluídos no Science Citation Index (SCI)  e foi investigadora principal de 10 proxectos de investigación financiados en convocatorias competitivas.