Jorge Amigo Lechuga

Licenciado en Física no 2000 pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras traballar como consultorjunior en R (operador galego de cable) e no Instituto Tecnolóxico da USC decide continuar a súa formación académica na Universityof Liverpool, onde obtén un máster en Biosystems and Informatics. A finalización do máster coincide coa creación do Centro Nacional de Genotipado en 2003, o que lle permite incorporarse ao Grupo de MedicinaXenómica (GMX) liderado por Ángel Carracedo.

En 2011 consegue unha praza de Persoal Técnico de Apoio polo MICINN para dar soporte ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), onde obtén o seu doutoramento en Medicina Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela en 2013. En 2015 empeza a coordinar a área bioinformática da Unidade de Secuenciación da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, onde continúa na actualidade.

.