Javier Costas Costas

12-costasDoutorado en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela en 2000 cun estudo sobre a historia evolutiva dos retrovirus endóxenos en Drosophila e humanos. Ese mesmo ano incorpórase ao Instituto de Bioloxía Molecular e Celular (IBMC) da Universidade do Porto, como investigador posdoutoral, traballando na evolución de secuencias reguladoras da expresión xénica en Drosophila. O seu traballo sobre estes temas deu lugar a algunhas publicacións en revistas de alto impacto como Science, Molecular Biology e Evolution. A mediados de 2003, entra a formar parte do nodo de Santiago do Centro Nacional de Genotipado Nacional (CeGen), para liderar un proxecto piloto sobre a xenética dos trastornos mentais.

De 2006 a 2011 goza dun contrato programa Parga Pondal na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, período durante o cal obtén o primeiro proxecto como investigador principal (FIS convocatoria de 2005).

Desde 2012, é investigador do programa Miguel Servet no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), onde actualmente é investigador principal do grupo emerxente de xenética psiquiátrica IDIS.Gran parte dos resultados dos seus traballos en xenética psiquiátrica foron publicados en revistas de alto impacto como Nature, Molecular Psychiatry ou Biological Psychiatry.

Podes atopar información actualizada aquí (en galego) ou aquí (en inglés).