Francisco Barros Angueira

10-barros

Xefe de Laboratorio na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica desde xaneiro de 2000.

Como Xefe de Laboratorio é responsable do control de calidade e coordina a participación do laboratorio nos exercicios externos da European Molecular GeneticsQualityNetwork (EMQN) no campo do diagnóstico de enfermidades raras e aplicacións diagnósticas da secuenciación e os CGH microarrays e no Programa de Avaliación Externa da Calidade en Hematoloxía organizado pola Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia (SEHH).

É membro da Asociación Española de Xenética Humana, do CIBER de Enfermidades Raras (CIBERER) e da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. Realiza o seu labor asistencial en diagnóstico xenético de enfermidades raras, fundamentalmente pediátricas e neurolóxicas, ademais de investigar nas áreas de farmacoxenética e de translación de novas tecnoloxías á clínica.

A súa experiencia no traballo coa xenética de laboratorio, tanto no diagnóstico e en biomarcadores para a predición da resposta ao tratamento, tradúcese na dirección de 10 teses e máis de 96 traballos en revistas do SCI en Xenética Clínica e Molecular. Participou nos últimos anos en varios proxectos de investigación financiados tanto por axencias públicas como entes privados.