Esther Sande Landeira

Esther Sande, xestora de proxectos do Grupo de Medicina Xenómica doutorouse en bioloxía na USCen 2002.
Entre 2003 e 2005, traballou como técnico de xestión das áreas de biotecnoloxía e de recursos mariños na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Conselleria de Industria (Xunta de Galicia). Esta especialización permitiulle incorporarse ao Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA) en 2005. Neste centro, que impulsa a competitividade empresarial a través da innovación, compatibilizou a actividade investigadora coas de xestión e especializouse na formulación e xestión de proxectos europeos, colaborando con numerosos organismos vencellados coa investigación mariña.
En 2007 pasa a formar parte da FFCIDTEG, onde participou no seguemento, avaliación, autocontrol, coordinación e xestión administrativa do PGIDIT. Durante este tempo, tamén formou parte de varios grupos de traballo promotores da implantación das Plataformas Tecnoloxicas galegas e colaborou activamente nas actividades de difusión da unidade. Esta experiencia permitiulle ampliar o coñecemento dos métodos de traballo dos distintos centros, unidades e empresas participantes en proxectos de I+D+i, e afondar nos diversos procedementos e requisitos de numerosas convocatorias nacionais e internacionais.
En 2009 retorna ao campo da biomedicina e incorporase ao Grupo de Medicina Xenómica, para traballar na captación de recursos e colaborar na xestión e coordinación do grupo, un dos máis extensos, heteroxéneos e fructíferos e no seu campo. Ademais colabora na elaboración das propostas e na identificación de stakeholders, dinamización e fomento das vías de colaboración con empresas, transferencia e desenvolvemento de estratexias de divulgación específicas e ten feito varias auditorías internas do sistema de calidade UNE_EN ISO / IES 17025.
A súa traxectoria profesional, enfocada en distintas áreas nos diversos axentes da I+D+i, tenlle proporcionado unha ampla visión do sistema de xeración de coñecemento e a capacidade de identificar tendencias comúns para o establecemento de sinerxías con outros grupos.