Ana Latorre Pellicer

Licenciada en Veterinaria coa especialidade en Biotecnoloxía aplicada ás Ciencias Veterinarias polaUniversidade de Zaragoza, comezou a súacarreira investigadora cunha beca de colaboración no departamento de Bioquímica da devanditauniversidade, enfocada óestudo da aplicación biómedica das células madre embrionarias, e completando a súa formación cun Master en Bioloxía Celular e Molecular e unha estancia de 4 meses no Center for Molecular Mitochondrial Medicine and Genetics(MAMMAG) da Universidad de Irvine (EEUU).

No 2009, a Dra. Latorre incorporouse ó Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC, Madrid), onde finalizou os seus estudos de doctorado con mención europea no 2014, coa calificación “Cum Laudem”. Interesada no estudo xenético das enfermidades mitocondriais, cardiopatías, enfermidades neurodexenerativas e envellecemiento, completou a súa investigación no Research Programfor Molecular Neurology na Universidade de Helsinki, gracias a unha beca EMBO. Os resultados da súa investigación publicáronse en revistas de alto índice de impacto como Nature e Science.

No 2015 incorporouse ó grupo de Medicina Xenómica, onde actualmente desenrola a súa labor de investigación na área da farmacoxenómica cun enfoque prioritario na transferencia de resultados e traslación e integración da farmacoxenética na asistencia sanitaria.

A proposta de GenDR (GeneticsandDrugs Response) resultou gañadora do programa ARGOS 2016 da USC e Model2Market 2016 da Red Emprendia, destinados á creación de empresas a través de equipos académicos, e a “mellor idea empresarial” otorgado pola revista Emprendedores.

Actualmente é Membro da Sociedade Española de Farmacoxenéticae Farmacoxenómica(SEFF).