Ana Blanco Pérez

Licenciada en Bioloxía e en Bioquímica, en 2016 doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela na área de Medicina Molecular. Desenvolveu a súa carreira investigadora na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica na área de Oncoxenética, principalmente no estudo da susceptibilidade hereditaria a desenvolver cancro de mama e/ou ovario hereditario. Actualmente goza dun contrato como Técnico superior de apoio á investigación do Ministerio de Economía e Competitividade colaborando na implementación de diagnóstico por NGS do cancro de mama e/ou ovario  hereditario mediante Targeted Resequencing,  así como na identificación de xenes candidatos e na clasificación de variantes de significado descoñecido.