Formación e emprego

A formación é unha prioridade para o persoal investigador do Grupo de Medicina Xenómica, convencidos da necesidade de fomentar o interese pola investigación e ofrecer á mocidade a posibilidade de ampliar e mellorar a súa formación tanto no ámbito científico coma no técnico.

Por este motivo levamos a cabo formación interna para o noso propio persoal (ver ciclo 2017/20182016/2017 e tamén 2015/2016) e docencia para investigadores que acoden ao noso centro para realizar estancias formativas ou de investigación.

Ademais é habitual a presenza de membros do noso grupo en cursos formativos abertos a todos os científicos, en seminarios e conferencias científicas así como en actividades de divulgación científica para o público en xeral e para os máis novos en particular.

O GMX ten un especial interese por achegar a ciencia ao público xeral. Especialmente o seu coordinador, o Dr. Ángel Carracedo, que se involucrou en proxectos e actividades de divulgación científica e cuxa presenza é habitual en institutos ou centros educativos desde onde trata de achegar a ciencia aos máis novos.

Por este motivo, recentemente embarcouse no proxecto EduMOTIVAcon_ que pretende mobilizar o talento e o coñecemento de personaxes relevantes para facilitar ao alumnado a adquisición de habilidades de pensamento (a creatividade, o pensamento crítico, a toma de decisións, a aprendizaxe…) e de traballo (como a comunicación e a colaboración), vinculadas todas elas ao crecemento persoal, ao exercicio da cidadanía e á carreira profesional.

VISITAS E ESTANCIAS

Como parte do seu compromiso de levar a ciencia á sociedade, o Grupo de Medicina Xenómica  acolle regularmente alumnos en visita ou estancia nas súas instalacións.

Se queres informarte sobre os procedementos que debesseguir para realizares unha estancia formativa ou de investigación con algún dos investigadores do noso grupo, podes contactar directamente ou ben utilizar o formulario de contacto.

Se es profesor de alumnos de bacharelato ou formación profesional e o que buscas é que os teus alumnos poidan coñecer máis de preto o noso traballo e as nosas instalacións durante algunha das xornadas de portas abertas que organizamos ao longo do calendario escolar, contacta con secretaria@idisantiago.es e desde alí axudaranche a fixar a data que mellor se adapte ao voso calendario.

EMPREGO

Destinamos esta sección para dar unha maior difusión ás oportunidades de formación ou de emprego que xorden no seo do Grupo de Medicina Xenómica ou que nos fan chegar outros grupos externos cos que colaboramos. En calquera caso, non nos facemos responsables do seu contido, nin dispomos de máis información, polo que é imprescindible seguir as instrucións que se detallan en cada unha das ofertas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se segue navigando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies