Charla Mente Marabillosa? Xenética e transtornos mentais

O investigador Javier Costas (Investigador Programa Miguel Servet, Líder do grupo de Xenética Psiquiátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS) participa o 16 de maio no evento internacional Pint of Science, que levarase a cabo en Santiago de Compostela do 15 ao 17 de maio.

Pint of Science ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes, divertidas, importantes, sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público, sacar a ciencia dos laboratorios, institucións e centros de investigación e levala aos bares, nun entorno máis relaxado e distendido. Neste evento, investigadores de tódalas áreas poderán compartir o seu traballo, as charlas non serán maxistrais, nen ponencias.

Sobre a charla Mente Maravillosa:

O Proxecto Xenoma Humano constituiu un punto de inflexión no estudo xenético dos caracteres complexos, incluindo os trastornos mentais. O desenvolvemento tecnolóxico posterior, baseado no proxecto, permitiu a realización de estudos de asociación de xenoma enteiro. Esta metodoloxía está revolucionando o eido da xenética psiquiátrica. Na miña charla, presentarei unha visión actual sobre a xenética dos trastornos psiquiátricos e discutirei o que pode aportar a xenética ao presente debate sobre o diagnóstico en psiquiatría. Polo camiño, falarei de esclavitude, nazismo, drogas, creatividade…Pint of Science 2017

As sesións terán lugar ás 20:30h e a entrada é de balde.

– 15 de maio: De hormonas e xenes

– 16 de maio: Mente Maravillosa

– 17 de maio: Dos átomas ás galaxias
Lugar:A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela
Organiza:USC, Investigación y Ciencia, SENC, SEA, NABLA, Biosant e Portomédica