Día do ADN con Ángel Carracedo no IDIS

22 alumnos de Bacharelato Ciencias e os participantes na fase final de ESO do Parlamento Xove participaron na celebración do Día do ADN que organizou o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. A inauguración correu a cargo do prestixioso científico e profesor da Facultade de Medicina da USC don Ángel Carracedo, quen fixo un repaso da revolución que se deu na súa especialidade nos ultimos anos e o que supuxo a investigación en ciencia para a Medicina Legal e para coñecer mellor enfermidades con base xenética coma o cáncer. Un luxo que os alumnos viviron con ilusión. Posteriormente, recorreron os diferentes laboratorios onde os investigadores do Instituto foron explicando a alumnos e profesores como é o proceso investigador e cal é o seu campo de traballo. Unha experiencia inolvidable !